Ruta 6. Sada. Datos Técnicos

Datos técnicos Natureza Historia Turismo Fotos e vídeos Descargas
 


A Ruta por Sada conduce ao camiñante ao interior do municipio, unha ruta alternativa ao ambiente costeiro, que lle permitirá ao visitante deleitarse cos valores naturais e culturais.

No casco urbano de Sada destacan edificios emblemáticos e representativos da súa arquitectura civil: como A Terraza, o colexio “Sada y sus Contornos” ou a Casa da Cultura Pintor Llorens. As ruínas do castelo de Fontán e castro de Samoedo son tamén fitos de imprescindible visita.

Dende o punto de vista natural, a paisaxe da ruta está formado por explotacións agrícolas e hortas, que van sendo substituídas por plantacións de eucaliptos. Consérvanse algunhas zonas de bosque autóctono de carballo, abeleira e bidueiro, e especies de bosque de ribeira. Destaca o lugar coñecido como “As Brañas”, unha zona húmida que supón un punto de interese para a fauna.

Ruta 6 A: Sada – O Castro

Google Maps

Lonxitude: 5,6 km
Punto partida: Castelo de Fontán
Punto chegada: O Castro
Percorrido: Porto de Sada, paseo maritimo, Praia de Sada, As Brañas, Mesoiro, O Castro
Dificultade: Media
Duración: 2 h
Material: Calzado cómodo con bo axuste
Apto para bicicleta: Si

MIDE: (Método de Información de Excursións)
Medio: 1 2 3 4 5
Percorrido: 1 2 3 4 5
Desprazamento: 1 2 3 4 5
Esforzo: 1 2 3 4 5



Perfil Ruta 6 A


Ruta 6 B: PR-G Costa Doce

Google Maps

Lonxitude: 8,7 km
Punto partida: Soñeiro
Punto chegada: Enlace con PR-G Costa Doce
Percorrido: Soñeiro, Osedo, Mosteirón, Meirás, Piñeiro, Campo da Cruz
Dificultade: Media
Duración: 2,5 h
Material: Calzado cómodo con bo axuste
Apto para bicicleta: Si

MIDE: (Método de Información de Excursións)
Medio: 1 2 3 4 5
Percorrido: 1 2 3 4 5
Desprazamento: 1 2 3 4 5
Esforzo: 1 2 3 4 5



Perfil Ruta 6 B

© Consorcio das Mariñas

Top