Ruta 6. Costa Doce (PR-G 96)

Google Maps


A ruta comeza no Castelo de Fontán, no porto de Sada, e discorre por este antigo pobo mariñeiro, ata a entrada no Monte do Pobre ou A Canteira. Neste punto pódese escoller entre continuar pola costa ou polo antigo Camiño Real.

A ruta lévanos ata tres miradoiros con zonas de descanso. O primeiro nas inmediacións da Punta da Herba, dende onde se pode ver a praia de Morazón e a Pena da Herba. O segundo é o Miradoiro da Ria, no que existen unhas excelentes vistas panorámicas. A partir deste punto a ruta continúa polo litoral ata chegar á chaira da Praia da Arnela onde se sitúa o terceiro miradoiro. Continuando polos camiños existentes, enlázase cunha pista asfaltada que lleva a carón do Cruceiro de Carnoedo e, un pouco máis adiante, ao lugar de Pedreira.

A ruta continúa entón por un camiño que atravesa bosques mixtos e deixa entrever a ría. Chegados ó Campo da Cruz descéndese ata a Punta de San Mamede, onde existe unha vista magnífica da Ría de Betanzos e da de Ares.

Logo dunha serie de pistas forestais que amosan unhas excelentes vistas costeiras chégase á praia de Cirro, que é o punto de remate e onde se enlaza ademais coa ruta da Costa Norte de Oleiros (ruta 5).

A. Castelo de Fontán-Cruceiro de Carnoedo:
Percorrido: 2,4 km
Duración: 1 h
B. Cruceiro de Carnoedo-Praia de Cirro:
Percorrido: 7 km
Duración: 3 h
Dificultade: Baixa
Tipo de trazado: Lineal, bidireccional
Punto partida: Castelo de Fontán
Punto chegada: Praia de Cirro
Concellos polos que pasa: Sada


Folla de información da Ruta
Folla de información da Ruta. Formato PDF, é necesario o programa Acrobat Reader que podes obter aquí
Ruta Google Earth
Arquivo coa Ruta en formato KML para Google Earth (comprimido en zip)
Coordenadas Ruta GPS
Arquivo coa Ruta en formato GPX para dispositivos gps (comprimido en zip)

© Consorcio das Mariñas

Top