Ruta 5. Costa Norte Oleiros

Google Maps


A ruta fai un percorrido circular pola costa de Oleiros, comezando no lugar de Mera, preto da lagoa do mesmo nome. Dende este punto chégase á Punta de Mera, onde se erguen uns interesantes faros. Asemade emprázase nesta zona a antiga Casa dos fareiros, transformada actualmente nun Centro de Recepción de Visitantes é a Aula do Mar, que presenta os valores da Costa de Dexo-Serantes, catalogada como Monumento Natural. O camiño percorre parte deste espazo protexido destacando a forza e a beleza dos seus cantís. Nas inmediacións do Seixo Branco aparecen unha serie de furnas e bufadoiros esculpidos polas augas do mar na rocha. Dende a costa pódense ver tamén unha serie de fermosos illotes, entre os que destaca o da Marola.

Dende O Seixo Branco accédese ós castros de Subiña, de Punta Roza e de Torrella, e a Santa María de Dexo, igrexa románica que data do século XII. Posteriormente chégase ao Porto de Lorbé, zona de producción acuícola onde non se deben deixar de degustar os típicos mexillóns.

E de Lorbé camiñamos a Maianca, onde pódese vistar a súa igrexa prerrománica e os seus muíños. Logo desta parada chégase a Mera, punto de partida e fin da ruta.

Percorrido: 24,1 km
Duración: 7,5 h
Dificultade: Media
Tipo de trazado: Circular
Punto partida: Praia de Mera
Punto chegada: Praia de Mera
Concellos polos que pasa: Oleiros


Folla de información da Ruta
Folla de información da Ruta. Formato PDF, é necesario o programa Acrobat Reader que podes obter aquí
Ruta Google Earth
Arquivo coa Ruta en formato KML para Google Earth (comprimido en zip)
Coordenadas Ruta GPS
Arquivo coa Ruta en formato GPX para dispositivos gps (comprimido en zip)

© Consorcio das Mariñas

Top