Ruta 2. Arteixo-Xalo-Paleo

Google Maps


A ruta comeza no Paseo Fluvial da Baluca, no Concello de Arteixo, onde se desenvolve un hermoso bosque de corredor. A continuación, chégase ó lugar de Loureda, onde se atopa a Igrexa de Santa María, pasando despois polos lugares de Canzobre, Bregua e Boedo.

Atravesando camiños arrodeados por magníficos carballos e castiñeiros, chégase a Cabana; a partir deste punto a ruta comeza o seu ascenso cara ó cumbre do Monte Xalo que constitúe o “pulmón verde” da comarca e onde se pode desfrutar dunhas espectaculares vistas. Finalmente a ruta descende cara Folgueira, onde se empraza a Área de lecer de Castelo, e remata na Igrexa de Santo Estevo, no lugar de Paleo.

Percorrido: 27,2 km
Duración: 8 h
Dificultade: Media-alta
Tipo de trazado: Lineal, bidireccional
Punto partida: Paseo Fluvial de Baluca (Arteixo)
Punto chegada: Igrexa de San Estevo de Paleo (Carral)
Concellos polos que pasa: Culleredo, Carral e Arteixo


Folla de información da Ruta
Folla de información da Ruta. Formato PDF, é necesario o programa Acrobat Reader que podes obter aquí
Ruta Google Earth
Arquivo coa Ruta en formato KML para Google Earth (comprimido en zip)
Coordenadas Ruta GPS
Arquivo coa Ruta en formato GPX para dispositivos gps (comprimido en zip)

© Consorcio das Mariñas

Top